"Só faltas ti, faite socio"", chamamento do Arxil aos pontevedreses para que apoien ao equipo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
20 euros por toda a tempada. Por ese módico prezo, poderás gozar de todos os partidos do Club Baloncesto Arxil. ÿ a decisión que tomou a xunta directiva do equipo e que se enmarca dentro da campaña de socios que puxeron en marcha. Baixo o lema "Só faltas ti, faite socio", os responsables do club intentan verse apoiados pola súa masa social de cara á próxima tempada.
Os prezos para esta campaña son :
- Socio individual: 20 euros
- Socio xogadoras senior (Liga Feminina 2 e Primeira División Senior): 20 euros
- Socio colaborador: 50 euros
- Socio familiar xogadoras junior, cadete e infantil: 200 euros
- Socio familiar xogadoras minibasket, preminibasket que xoguen na liga: 120 euros (incluída a matrícula na escola municipal de baloncesto)
Lino Vázquez, director deportivo de Arxil, anima aos pontevedreses a apoiar a un club que leva "29 tempadas crecendo de xeito consecutivo". Recorda que forman dous equipos senior, un equipo junior, dous equipos cadetes, catro equipos infantís, tres equipos de minibasket, tres benxamíns e un formado por pais, nais e ex xogadoras. ÿ dicir, un total de 200 xogadoras federadas máis a escola municipal, que xa ten cubertas 80 prazas.
"Para ello necesitamos financiamiento", sinalou Lino Vázquez, quen recoñeceu que "tenemos muchas dificultades para conseguir un patrocinio tanto para el primer equipo como para los restantes, pero también tenemos claro que euro a euro y socio a socio se pueden generar esas partidas que nos ayuden a completar el presupuesto del Club Baloncesto Arxil".
Para facerse socio, explican desde o club, só hai que cubrir unha ficha e ingresar o diñeiro correspondente na conta bancaria do equipo, que aparecerá na web www.arxil.es, ou ben dirixirse personalmente aos membros da xunta directiva da empresa.