Os Ingleses pode co Pontevedra RC (48-21) en partido de pretempada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Continúa a preparación dos equipos que disputarán esta tempada a liga de Primeira Territorial de rugby.
Fontecarmoa acolleu o pasado fin de semana un ecuentro entre Os Ingleses de Vilagarcía e o Pontevedra Rugby Club que se adxudicou con claridade o equipo local (48-21).
Os lerezanos presentaron en Vilagarcía unha formación xove ante un equipo que conta cunha forte dianteira e que anotou dous ensaios nos compases iniciais, distanciándose no marcador.
A pesar de todo as sensacións no Pontevedra RC son positivas despois de catro partidos. O quinto disputarao xa o próximo fin de semana ante o Campus Ourense RC.