Nin o recital do porteiro Coke puido evitar a vitoria (1-2) do Portonovo na Estrada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O que ía para goleada quedou en vitoria mínima que non reflicte a neta superioridade do Portonovo sobre o Estradense na Baiuca. O porteiro local, Coke, case consegue a proeza de aguantar o resultado para o seu equipo, que se puxera por diante no primeiro tempo, realizando paradas de todos os formatos posibles, non obstante non puido evitar dous remates a pracer, en apenas un minuto, que permitiron remontar ao cadro de Ricardo Fernández para levarse uns merecidos tres puntos.
Jorge, a centro de Unai conseguía adiantar ao Estradense, na única ocasión de que dispuxo o equipo rojillo, mediada a primeira parte. Por entón o Portonovo xa desperdiciara ata tres oportunidades inmellorables. Os arlequinados levaban o control e o peso do partido, pero Coke seguía sumando intervencións para evitar que o marcador se movese.
E puido ser peor cando ao comezo do segundo tempo o Estradense dispuxo da ocasión que Silva tirou fóra nunha contra. A partir de aí, de novo monólogo do Portonovo e recital de Coke, que non obstante non puido evitar os goles de Iván e Diego Silva que darían a volta ao marcador.
C.D. ESTRADENSE (1): Coke; Martín, Silva, Chan, Mateo, Iago, Xenxo (Arturo, min. 67), Luismi (Escudeiro, min. 62), Unai, José Ramón e Jorge.
S.D. PORTONOVO (2): Marcos; Suso Bea, Dopazo, Renda, Jesús Manuel (Iván, min. 64), Luis Alberto, Suso Vidal, Víctor, Diego Silva, Durán e Melchor.
Árbitro: Adrián Barros (A Coruña). Amoestou a Mateo.
Goles: (1-0) Minuto 28: Jorge. (1-1) Minuto 73: Iván. (1-2) Minuto 74: Diego Silva.
Incidencias: Campo da Baiuca (A Estrada). Uns 200 espectadores.