![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53528945a4c0d-campano.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Máis de 850 atletas participarán este sábado na VI Carreira popular de Campañó
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A organización agarda que ao redor de 4.000 persoas se acheguen a Campañó este sábado a partir das 17 horas para ver a Carreira Popular que se disputa nesta parroquia pontevedresa coa participación de máis de 850 deportistas dos que 488 corresponden ás categorías sénior e veterano e haberá 100 participantes nas categorías de chupetes e pitufos.
O circuíto transcorre ao longo de 9,8 quilómetros con tres voltas e coa presenza de desniveis importantes, segundo manifestaron na presentación José María Domínguez, secretario da Asociación Cultura Campañó; Agustín Fernández, concelleiro de Cultura e Jaime Agulló, director do Instituto Municipal de Deportes. Manteñen para esta edición os premios de 300, 200 e 100 euros para os primeiros clasificados.
A organización vai realizar unha homenaxe ao saltador de lonxitude Jean Marie Okutu e ao lanzador de disco Fran Casañas ademais de ao neno Damián Bello, atleta que durante a carreira da anterior edicion perdeu unha zapatilla e os últimos 600 metros os percorreu descalzo.
O concelleiro sinalou que esta carreira conta con gran tradición e que aproveita o impulso dado polo circuíto e concluirá dentro dun mes co Medio Maratón de Pontevedra, cuxa inscrición se abre o próximo luns 23.