Un saque de esquina castiga o Sanxenxo co empate en Lalín (1-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A un paso quedou o Xuventú Sanxenxo de sumar o seu segundo triunfo consecutivo e deixar así atrás o seu irregular comezo de tempada.
Os amarelos puideron levarse os tres puntos do Manuel Anxo Cortizo de Lalín, pero un gol de Rubén para os locais nun saque de esquina e a 15 minutos do final chafou o traballo realizado polos de ÿscar García durante todo o encontro.
Antes, o Sanxenxo mostrárase como un equipo sólido e aproveitara unha das poucas ocasións de ambos os dous equipos, cun gol de Rubén Cerqueiras ao principio da segunda metade.
As táboas deixan os dous equipos na zona baixa da clasificación despois de sumar ambos os dous catro puntos nas catro primeiras xornadas.
CD LALÍN (1): Michi, Rubén, Suso, David Soares, Imanol, Dani Méndez, Marcos, Maceiro (Riádigos, min.74), Quiroga (Manu, min.74), Damián (Rucho, min.81), Toño.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Jose, Deivi, Darío, Fiti (Minso, min.33), Javi, Fon, Dani Muradás (Diego Blanco, min.66), Rubén Cerqueiras, Cañi, Nel (Cuchi, min.80), Rober.
Árbitro: Rafael de la Torre (A Coruña). Amoestou aos locais Rubén, Imanol, Suso, David Soares, Dani Méndez e Damián e aos visitantes Cañi e Deivi. Expulsou ao adestrador local, Román Blanco, e ao xogador Toño xa finalizado o choque.
Goles: 0-1 Rubén Cerqueiras, min.55; 1-1 Rubén, min.76.
Incidencias: Partido disputado no Manuel Anxo Cortizo, Lalín.