Tarde de diversión e fútbol sala na Seca
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Poio Fútbol Sala celebrou este sábado a primeira edición do Torneo Concello de Poio, na que aproveitou para poñer en marcha a campaña de socios do club nunha tempada histórica pola estrea do conxunto feminino na máxima categoría.
Os exteriores do Pavillón da Seca convertéronse nunha zona de xogos e actividades coas que a entidade vermella pretendía animar os seus afeccionados a pasar a ser aboados achegando 20 euros por toda a tempada.
O Poio púxose o obxectivo de alcanzar os 600 aboados, unha cifra elevada pero á que axuda a boa marcha do equipo.
No plano deportivo, dos tres partidos disputados na Seca destacou o do conxunto feminino, o Poio Pescamar, que se impuxo por 3-1 ao Vermoín FS de Braga nun encontro dominado en todo momento polas rapazas adestradas por Marcio Santos.