Claro triunfo do Breogán ante un voluntarioso Peixegalego (52-78)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O compromiso era complicado, estrearse na Raña cun partido de Copa Galicia ante un rival de superior categoría como o Breogán de Lugo, pero o Peixegalego pode sentirse satisfeito despois do seu primeiro test de pretempada.
Aínda que a derrota ante os lucenses fose clara (52-78), o equipo adestrado por Javier Llorente aguantou o tipo ata o terceiro cuarto ante un equipo que mandou no electrónico dende o inicio e impuxo a súa maior calidade na pista axudado dunha rotación máis ampla.
Esa foi precisamente unha das claves do encontro, ademais da pouca rodaxe o Peixegalego acusou a falta de rotación polas baixas de Gregorio Adón, aínda en período de rehabilitación da súa lesión, e Manuel Ferreiro, con problemas no talón de Aquiles.
Tyrus McGee, do Breogán, foi o máximo anotador do encontro con 20 puntos, seguido da última incorporación 'peixe', o ala-pívot Al Rapier, que deixou moi boa impresión con 16 puntos e 5 rebotes.
MARÍN PEIXEGALEGO (52): Manuel Ferreiro (5), José Luis Fernández (11), Aramburu (6), Iván Martínez (9), Mark Dirugeris (5) -quinteto inicial- Pujadas, Víctor García, Kyrilo, José Luis González, Pepe Paz, Belemene, Al Rapier (16).
BREOGÁN (78): Diouf (6), Schaftenaar (13), Dani Rodríguez (13), Almazán (2), Tyrus McGee (20) -quinteto inicial- Chapela (3), Bortolussi (5), Palsson (2), Álex López (10), Alejandro Reyes (2), Martín Gómez (2).
Incidencias: Partido de Copa Galicia disputado no Pavillón da Raña, Marín.