Atletas da Gimnástica comezan a preparar a tempada de pista cuberta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Á espera de que o próximo 2 de outubro comece a actividade da Escola de Atletismo para os máis peques, cuxo período de inscrición comeza o próximo luns no Pavillón Municipal; ao longo desta semana boa parte dos atletas da Sociedad Gimnástica reiniciaron os seus adestramentos de cara a preparar a competición de pista cuberta.
Todos eles se deron cita nas pistas de atletismo do CGTD e tras unha breve charla, empezaron a correr para desentumecer un pouco o corpo das vacacións estivais, iniciando ese período que os adestradores chaman de acondicionamento xeral, onde priman o footing e os exercicios ximnásticos.
Neste período xúntanse a maior parte dos atletas da Sociedad Gimnástica, das diferentes especialidades, para dentro dun mes aproximadamente empezar a separar os grupos segundo as modalidades atléticas que practiquen.