Iago Paz causa baixa no Pontevedra para deixar a súa ficha a Pablo Carnero
Por Ramiro Espiño
O Pontevedra necesitaba unha ficha para poder tramitar a alta da última fichaxe, o dianteiro Pablo Carnero. Había que dar unha baixa a algún dos xogadores do equipo maiores de 23 anos, e a 'china' tocoulle a Iago Paz, a quen o director deportivo, Milo Abelleira, lle comunicaba a decisión do equipo técnico ao termo da sesión de adestramento matinal realizada en Príncipe Felipe.
Iago Paz, que renovara o seu contrato co Pontevedra este mesmo verán, seguirá adestrando co equipo en tanto non se busque unha solución ou unha saída a outro club, pero non poderá disputar os partidos de liga.
A baixa do canteirán granate resulta sorprendente, tanto por tratarse dun home da casa, que mesmo exercera de adestrador de equipos da base, coma especialmente porque fora un dos xogadores máis utilizados a pasada tempada, alternando mesmo varias posicións, pero o feito de contar con ata cinco xogadores para o mediocampo, puido ser determinante na decisión de Nando.
O xogador, en declaracións a PontevedraViva, mostraba o seu desgusto: "Sabíamos que iba a haber una baja y me tocó a mí. Al acabar de entrenar me llamó Milo y me lo dijo. Es un palo. El Pontevedra es el equipo de mi ciudad, en el que me formé y duele, claro que sí, pero esto fútbol y hay que asumirlo".
De momento Iago Paz non pensa no seu futuro, primeiro ten que dixerir o amargo trago recibido: "Es muy pronto. Tengo que intentar digerir todo esto y más adelante ya pensaré en mi futuro. De momento seguiré entrenando con el equipo, aunque no podré jugar".
Iso si, o xogador ten moi claro que a quen corresponde resolver a papeleta creada é ao propio Pontevedra: "No tengo prisa por decidir mi futuro. Tengo contrato en vigor, así que serán ellos los que tengan que buscar una solución, no yo".