Bos resultados dos atletas da Gimnástica nas carreiras populares galegas
Por Redacción
Os atletas da Sociedad Gimnástica multiplicáronse os últimos días, cando por toda a xeografía galega se celebraron diferentes carreiras populares. Para empezar en A Estrada, Robertas Geralavicius impúxose no Memorial Manuel Bergueiro, subindo ao podio conxuntamente con Iván Docampo que foi terceiro.
Na carreira nocturna de Vilagarcía de Arousa, Rubén Diz levouse o trofeo ao terceiro clasificado, mentres que en Meaño, Ismael Viéitez non conseguiu un posto no caixón, aínda así quedou nunha boa quinta posición.
En Mugardos, a Gimnástica sumou un lugar no podio grazas a Carlos Piñeiro, que foi terceiro na 32 edición do Maratón Popular San Xoan Piñeiro.
Por último a zona portuaria do Berbés, en Vigo, celebrou outra edición máis das "Xornadas Marisqueiras" nas que Ramón Péon, aínda que conseguiu a décimo cuarta posición; levouse o trofeo ao mellor atleta veterano da súa categoría.