Primeira derrota do curso para o Portonovo na súa visita ao Valladares (2-1)
Por Redacción
Un gol de Tomás no tramo final do partido puxo fin á imbatibilidade do Portonovo neste inicio de liga.
Os de Ricardo Fernández non puideron co Valladares (2-1) a domicilio nun partido que se puxo moi costa arriba xa nos primeiros minutos ao adiantarse os locais por medio de ÿscar (minuto 6).
A pesar de lograr a igualada á volta de vestiarios cun gol de Luis Alberto, o equipo local desnivelou a balanza nunha acción individual de ÿscar, que serviu en bandexa a Tomás o tanto do triunfo.
CD VALLADARES (2): Fran, Gonzalo (Joel, min.55), Toni (Dani, min.75), Manu, Canella, Miguel (Tomás, min.63), Bruno (Denís, min.92), Calado, Víctor (Cacho, min.67), ÿscar.
PORTONOVO SD (1): Marcos Bermúdez, Dacosta, Iván Renda, Suso Bea, Gándara (Brian, min.15), Víctor, Luis Alberto, Álex Cubas, Nacho, Suso Martínez, Suso Vidal.
Árbitro: Rubio Aviñoa (Ourense). Amoestou ao local Toni e ao visitante Suso Vidal.
Goles: 1-0 ÿscar, min.6; 1-1 Luis Alberto, min.48; 2-1 Tomás, min.77.
Incidencias: Partido disputado no campo da Gándara.