Adrián Esperón e Patricia Martínez empiezan a tempada concentrados coa Selección Nacional de Baile Deportivo
Por Redacción
Os campións de España de Baile Deportivo, Patricia Martínez e Adrián Esperón concentráronse esta fin de semana coa Selección Nacional na cidade de Barcelona. Esta é a segunda convocatoria que se organiza dende a creación da mesma.
A cita serviu para tratar temas de máximo interese para os compoñentes da Selección Nacional: Físico, Psicoloxía Deportiva, Preparación Técnica Artística, Nutrición, etc.
Patricia e Adrián serán unhas das parellas que representarán de novo a España nos Campionatos de Europa e do Mundo ao longo deste ano.
Ademais de todo isto farase fincapé en fomentar o espírito e orgullo de formar parte do Equipo Nacional.