O Ciudad de Pontevedra preséntase o domingo cun amigable ante o Rápido de Bouzas B
Por Redacción
A Xunqueira acollerá o próximo domingo a presentación dunha nova tempada do Ciudad de Pontevedra cun partido amigable ante o filial do Rápido de Bouzas.
O equipo lerezano, que buscará de novo o ascenso a Primeira Autonómica que se lle escapou por moi pouco o pasado curso, dará a coñecer o seu novo proxecto deportivo, no que se inclúe por primeira vez un equipo feminino.
O encontro disputarase ás 18:00 horas e nel poderanse adquirir os carnés de socio para a presente tempada, co que se poderá acceder aos partidos dos equipos masculino e feminino.