Trinta minutos abondan ao Portonovo para esmagar (4-1) ao Sanxenxo no derbi local
Por Redacción
Trinta minutos abondaron ao Portonovo para esmagar o Sanxenxo nun derby local que non tivo máis historia que a tremenda superioridade exhibida polos homes de Ricardo Fernández.
Os arlequinados mesmo puideron obter unha maior renda, pois estrelaron senllos remates de Nacho e Gándara nos postes da portaría amarela.
Tan só transcorreran 15 minutos cando Álex Cubas abría a conta, aproveitando un balón centrado por Gándara. Un discutido penalti de Zalo sobre Suso Bea, que custou a expulsión do técnico visitante ÿscar García, aproveitouno Suso Vidal para facer o segundo ao marcador, cando apenas se cumpriran os 20 minutos de xogo, e Luis Alberto sentenciaba antes da media hora, ao aproveitar un pase entre liñas de Suso Martínez.
Lonxe de deixarse ir pola comodidade do marcador, o Portonovo non baixou a intensidade na segunda metade, ata que Nacho anotou o cuarto, tras un pase de Suso Vidal, no minuto 59. Nel maquillaría lixeiramente o marcador dous minutos máis tarde, aproveitando un rexeitamento de Marcos Bermúdez, a lanzamento de Rober.
PORTONOVO S.D. (4): Marcos Bermúdez; Dopazo, Gándara, Renda, Suso Bea, Víctor, Suso Vidal (Iván, min. 59), Luis Alberto, Suso MartÍnez (Rodri, min. 72), Nacho (Brayan, min. 83) e Álex Cubas.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Jose; Darío, Fiti, Zalo (Dani, min. 65), Fon (Rober, min. 46), Deivi (Nando, min. 65), Minso (Cuchi, min. 46), Javi, Nel, Cañi e Rubén.
Árbitro: Alexandre López Vila (A Coruña), auxiliado nas bandas por Diego Sánchez Rojo e Bernardo Domínguez Manteiga. Amoestou a Dopazo, Gándara, Suso Vidal, Suso Martínez, Jose, Fiti, Zalo, Javi e Cuchi. Expulsou no minuto 25 ao adestrador do Sanxenxo, ÿscar García, por dobre amoestación.
Goles: (1-0) Minuto 15: Álex Cubas. (2-0) Minuto 27: Suso Vidal, de penalti. (3-0) Minuto 29: Luis Alberto. (4-0) Minuto 59: Nacho. (4-1) Minuto 61: Nel.
Incidencias: Campo de Baltar (Portonovo). Uns 500 espectadores.