Teresa Portela e Tono Campos clasifícanse para as finais do Mundial de Piragüismo de Duisburgo
Por Redacción
Pontevedra terá representación nas finais dos Campionatos do Mundo de piragüismo en augas tranquilas de Duisburgo (Alemaña). Teresa Portela e Tono Campos clasificáronse nas súas respectivas categorías e chegan á última xornada da competición con opcións de conseguir unha medalla.
Teresa Portela clasificouse este sábado con autoridade no K-1 200 metros. Gañou unha das semifinais e demostrou encontrarse nun bo momento de forma. A súa vitoria parcial convérteo nunha das grandes favoritas. Cuarta nos pasados Xogos Olímpicos de Londres e segunda no anterior Campionato de Europa celebrado hai dous meses, Teresa Portela ten no Mundial un dos seus grandes obxectivos para a actual tempada.
A xornada do domingo tamén será especial para Tono Campos, no C-1 5.000 metros. ÿ unha das primeiras probas da xornada. Tono Campos, que non puido brillar no Campionato de Europa, ten agora unha reválida no Mundial, un dos seus grandes obxectivos para a actual tempada.
En total, son seis os padexeiros galegos que poden chegar ao podio, ao terse clasificado tamén Cristian Toro, Carlos Arévalo, Rodrigo Germade e ÿscar Carrera para as finais nas súas respectivas categorías. A xornada do sábado serviu para confirmar o bo momento do piragüismo galego.
Peor lle foron as cousas a Adrián Sieiro e André Oliveira. Loitaron por un posto nas finais de 200 metros na proba de C-2, pero o seu sexto posto relegounos á final B. Aínda así, ambos conclúen a súa participación no Mundial, a falta do relevo do domingo, con boas sensacións para o futuro.
Na xornada do sábado disputáronse algunhas finais B. José Luis Bouza foi oitavo en C-1 1.000 meros, mentres Diego Cosgaya e Carlos Pérez Rial, 'Perucho' terminaron no sétimo posto no K-2 200 metros. Diego Romero e Tono Campos foron quintos no C-2 1.000 metros.