Álex Freire completa o plantel do Arosa
Por Redacción
O Arosa completou o seu equipo coa incorporación do lateral zurdo pontevedrés Álex Freire, que xa estaba a adestrar ás ordes de Piscis dende hai dúas semanas.
O club arlequinado confirmou este xoves a contratación de Freire, que ao inicio da pretempada realizou tamén unha proba co Pontevedra de Nando.
Ademais da súa formación no equipo granate, onde chegou a xogar no primeiro equipo, Álex Freire militou as dúas últimas tempadas no Coruxo, en Segunda División B.