O Compostela, rival do Pontevedra na semifinal territorial da Copa Federación
Por Redacción
Despois de quedar exento por sorteo da primeira rolda da Copa Federación, o Pontevedra cruzarase en semifinais da fase territorial galega da competición coa Sociedad Deportiva Compostela.
O equipo santiagués eliminou ao Negreira despois de perder o primeiro partido no seu estadio e gañar este mércores a domicilio (1-5).
A eliminatoria, a dobre partido, disputarase os días 19 e 25 de setembro, sendo a ida no estadio de San Lázaro e a volta en Pasarón.
En caso de pasar de rolda os granates disputarían a final territorial con Ourense ou Alondras, despois de que este último eliminase o Rápido de Bouzas en cuartos de final.
O vencedor, ademais de avanzar á fase nacional do torneo, recibirá un premio económico de 3.005 euros.