Leis Pontevedra e Playas de Pontevedra FS asinan un acordo de colaboración
Por Redacción
O Leis Pontevedra FS e o Playas de Pontevedra FS asinaron un acordo de colaboración polo cal se establece unha relación de filialidade entre ambas as dúas entidades en categoría sénior.
A partir de agora, o equipo do Playas de Pontevedra de categoría provincial pasa a formar parte da estrutura do Leis.
Por outro lado as categorías de base do Playas integraranse agora no Leis, así como o corpo técnico encabezado por Luis Miguel Lamas.