Granates dende o berce
Por Redacción
Aínda que o Pontevedra Club de Fútbol afronte a súa terceira tempada consecutiva en Terceira División a familia granate segue sumando novos membros.
Os máis novos en sumarse á familia granate foron Xabier Presas Barreiro, de só unhas semanas de vida, e Carolina Rivas Barreiro, de dous anos, que xa contan co seu carné para a presente tempada.
Javi, pai e padriño respectivamente dos pequenos afeccionados, comprometeuse a que así sexa polo menos ata a súa maioría de idade.