Andrea Andión e Izaskun Tellería dan o salto ao waterpolo portugués
Por Redacción
Dúas das xóvenes promesas do waterpolo pontevedrés cruzan a 'raia' na busca de gañar experiencia e de dar un salto competitivo en Portugal.
Andrea Andión e Izaskun Tellería, xogadoras canteirás do Waterpolo Pontevedra e aínda en idade xuvenil e cadete respectivamente, acaban de pechar a súa fichaxe polo subcampión da liga lusa de División de Honra, o Paredes Polo Aquático.
Os técnicos do club portugués, convidado en varias ocasións a torneos por parte do cadro pontevedrés ao manter unhas grandes relacións, mostraron hai meses o seu interese en contar coas dúas xogadoras de cara ao futuro.
Este interese redobrouse cando o Waterpolo Pontevedra renunciou á posibilidade de xogar a fase de ascenso a 1ª Nacional.
No Paredes Polo Aquático tanto Andrea como Izaskun terán como obxectivo pelexar polo título de liga portugués, que daría acceso ao equipo para disputar a liga de Campións a nivel europeo.
A crise sanitaria, coa incerteza provocada sobre o futuro das competicións tanto en Galicia como en Portugal, atrasou o acordo coas xogadoras, pero finalmente avanzados os protocolos e calendario no país luso para o inicio da competición e ante a falta de calendario en Galicia decidiron probar experiencia no país veciño.
"Para o CW Pontevedra é un orgullo que nesta ocasión sexa a sección feminina do club a que vexa como dúas dos seus integrantes teñan a oportunidade de seguir crecendo e cumprindo etapas no mundo do waterpolo", sinalou o club pontevedrés tras facer oficial a noticia, sinalando que para estas dúas canteirás a entidade "sempre será a súa casa".
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra céntrase na formación e tecnificación pola ausencia de competicións
Por Manu Otero |
-
Álex Andión rompe barreiras para o waterpolo galego como campión da Supercopa co Sabadell
Por Diego Espiño |
-
Seguridade e controis anticovid na tradicional xornada de captación de novos talentos do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Pontillón do Castro, nova 'casa' para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Case 4 meses de espera chegan ao seu fin para o Waterpolo Pontevedra, que regresa á piscina
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra pon fin ao ERTE dos seus adestradores e prepárase para volver á piscina
Por Diego Espiño |