Caída e lesión para Samuel Blanco na súa estrea co maillot de campión de España no Froiz
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A sorte non acompañou ao Froiz na primeira etapa da Vuelta a Cantabria, na que Samuel Blanco estreaba a súa camisola como flamante campión de España en categoría elite.
O ciclista redondelano aspiraba ao triunfo de etapa, pero foise ao chan a apenas 700 metros da liña de meta nunha glorieta que non conseguiu esquivar.
A caída produciulle feridas na cara e unha fisura de radio que lle obrigou a abandonar, e que lle colocan nunha complicada situación para a Volta a Galicia, un dos principais obxectivos do seu equipo. Polo de súpeto o campión nacional deberá estar unha semana co brazo inmobilizado e gardando repouso.
A vitoria na etapa foi para Kevin Suárez (Nesta) ao ser o máis rápido do grupo de 28 corredores que chegou destacado ao tramo final, entre os que se atopaban Blanco e tamén outro compañeiro do Froiz, Iván Martínez.
O leve consolo para o equipo pontevedrés chegou precisamente pola actuación de Martínez ao colocarse como líder da clasificación da montaña.