O xornalista Alfredo Relaño vístese de granate
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O director do Diario As, Alfredo Relaño, visitou este xoves o Estadio Municipal de Pasarón da man do tamén xornalista e pontevedrés Xabier Fortes.
Relaño ten estado acompañado na súa visita polo presidente do Pontevedra Club de Fútbol, José Manuel Fernández, conselleiros como Ricardo Tilve e Lupe Murillo e xogadores históricos da entidade como Fuertes, Cholo, Calleja, Ceresuela e José Jorge.
O xornalista tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a situación actual do club e as súas instalacións.
Ao termo da visita Alfredo Relaño recibiu unha camiseta do Pontevedra co seu nome ao dorso, unha bufanda e un pequeno paquete de accións regalado polo organizador do acto, Xabier Fortes.