Arrepor o Villalonga (2-2) a un Arosa que se leva nos penaltis o Trofeo San Pedro
Por Redacción
A pesar da forte calor Villalonga e Arosa ofreceron un entretido partido, pleno de emoción, intensidade e alternativas. Os de Julián Ferreiro deixaron ver algunhas das armas coas que tratarán de recuperar a categoría perdida, ao os de Piscis nunca lle perderon a cara ao partido, a pesar de cometer algúns despistes graves en defensa, ata rematar levándose o trofeo en disputa ás súas vitrinas grazas ao seu maior acerto nos lanzamentos dende o punto de penalti, nos que o meta arlequinado, Jorge Pérez, foi clave, detendo dous disparos.
Adiantouse o Villalonga, aproveitando unha falta de concentración nas marcaxes da zaga visitante. Juanito recibe só e coloca o balón entre unha nube de xogadores, nun instante en que o Arosa xogaba momentaneamente con dez xogadores pola lesión de Nando nun choque con Tenorio.
O empate chegaría antes do descanso, co primeiro gol do dianteiro Ramón dende a súa chegada ao Arosa.
A segunda parte xogouse menor ritmo. A calor pasou factura aos dous equipos. Adrián Camiño, cun bo remate adiantaba a un Arosa que parecía asegurar o triunfo, pero apenas un minuto máis tarde, unha gran xogada de Tenorio remata en penalti que transforma Héctor na igualada final.
VILLALONGA, F.C. (2): Albor (Berto, min. 61), Leo, Arias (Cristóbal, min. 46), Adrián (Dani Abal, min. 64), Saúl, Tenorio, Cuqui (Martín, min. 73), Juanito (Giao, min. 56), Ramón, Machu (Gabri, min. 73) e Jorge Fernández (Héctor, min. 67).
AROSA, S.C. (2): Jorge Pérez, Juanjo, José Ángel (Santi, min. 56), Martín (Munín, min. 58), Fon, Rivas (Jonathan, min. 46), Rubén (Quique Cubas, min. 56), Jesu (Adrián Camiño, min. 64), Ramón, Julio e Eloy (Nando, min. 39).
Goles: (1-0) Minuto 38: Juanito. (1-1) Minuto 42: Ramón. (1-2) Minuto 86: Adrián Camiño. (2-2) Minuto 87: Héctor, de penalti.
Incidencias: Campo de San Pedro (Villalonga).