Jara Tuda tamén renova o seu compromiso co Arxil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Paso a paso o Arxil 2013/14 empeza a ter varios nomes no equipo. Un deses nomes desexados pola afección do C.B.Arxil era o de Jara Tuda Casas, que renovou o seu compromiso por unha tempada máis polo equipo que adestra Mayte Méndez.
Jara é unha escolta que leva alternando nas catro últimas tempadas minutos no Arxil Mafari Café, co que por dúas veces conseguiu ir a unha fase de ascenso á 1ª feminina e pasou por todos os equipos do Arxil, dende a categoría de minibasket ata sénior.
Con 21 anos Jara debe utilizar a súa grande arma, a velocidade, non en van nas catro últimas tempadas ten pasado de ser unha xogadora moi importante no Arxil Mafari Café a ir collendo protagonismo no equipo de Liga Feminina dous.
Para Lino Vázquez, Jara é un referente na canteira do Arxil: "Ya se que a lo mejor le estamos dando mucha responsabilidad pero realmente está llamada a ser una jugadora importante en la plantilla de esta temporada. Calidad la tiene, no en vano es una de las máximas anotadoras en el Arxil Mafari Café, y la adaptación al primer equipo la debe tener hecha. Solo le falta una cosa y lo digo con mucho cariño y es que se lo crea".