O Leis pecha o seu plantel con catro novas incorporacións
Por Redacción
A composición do equipo feminino do Leis Pontevedra, que competirá un ano máis na Segunda División Nacional, está practicamente pechada tras confirmar a directiva lerezana a fichaxe de catro xogadoras.
Un dos postos que máis preocupaba, a portaría, será cuberto finalmente por Nerea Escudeiro, xogadora que defendeu a pasada campaña a meta do Poio Fútbol Sala. Nerea emprende así o camiño inverso a Silvia Aguete, que abandonou o Leis para recalar no equipo vermello.
As outras tres caras novas no equipo que adestra Jacobo Estors chegan dende Vigo. Trátase das ala-pivot Paola Otero e Nahir Martínez, procedentes do Mosteiro-Bembivre e As Nosas Rúas respectivamente, e a ala-peche Tamara Pérez, que chega tamén dende o club vigués As Nosas Rúas.
Con estas catro fichaxes o Leis, que xa comezou os adestramentos, conta con 12 xogadoras, aínda que a directiva non descarta a posibilidade de pechar algunha incorporación máis.