Ponte Caldelas amplía a oferta nas súas escolas deportivas tras a reforma do pavillón
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51c5d81851b66-pabellonpontecaldelas1.jpg)
CC BY-NC-SA Concello de Ponte Caldelas
A reforma xa concluída no pavillón municipal animou o Concello de Ponte Caldelas a impulsar a creación de novas escolas deportivas que se unan ás xa existentes de fútbol e tenis.
A intención do goberno municipal é ampliar a oferta formativa de base nas disciplinas de baloncesto, ximnasia, taekwondo e fútbol-sala.
Para poder poñer en marcha estas escolas, e ao non contar con clubs propio no municipio, o Concello dirixiuse a varias entidades deportivas de Pontevedra para que sexan eles os que xestionen as actividades.
As escolas, en caso de contar cun número sufieciente de inscritos, comezarían a funcionar no mes de setembro, mes no que poderán anotarse nenos dende os 6 anos de idade.
ESGOTADAS AS PRAZAS PARA A XORNADAS DE PIRAGÿISMO NO VERDUGO
A xornada de piragüismo no río Verdugo que organiza o Concello coa colaboración do Club Piragüismo Vilaboa esgotou as prazas da actividade, que se desenvolverá o próximo venres 9 de agosto.
Ante a boa acollida da iniciativa, non se descarta volver organizala en próximas datas.