O Pontevedra mídese ante o Xuventude Sanxenxo no campo de Baltar de Arriba
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O campo de Baltar de Arriba acollerá este domingo 4 de agosto a partir das 19:00 horas o encontro de futbol entre o Pontevedra e o Sanxenxo.
O adestrador dos granates, Nando, segue calibrando o equipo onde considera necesarias as incorporacións de novos xogadores para reforzar cada unha das liñas.
Será o terceiro amigable do Pontevedra na presente pretempada e espérase que debuten os xogadores Javi Otero e Benja.
Pola súa banda o técnico do Xuventude Sanxenxo, ÿscar García, estará moi atento á evolución dos catro xogadores que están a proba para tomar unha decisión sobre a súa continuidade.
O prezo da entrada para ver o encontro é de 5 euros.
A seguinte cita no calendario do equipo capitalino será o martes día 6 no Estadio de Pasarón, onde recibirá o CD Lugo, de Segunda División.