O Super Froiz vaise a Volta á León co obxectivo de revalidar o título
Por Redacción
Chega para o Grupo Deportivo Supermercado Froiz unha das citas máis importantes do verán ciclista, a Volta Internacional a León, na que tratará de repetir os excelentes resultados das últimas tempadas, non en van defende o triunfo conseguido o ano pasado.
A rolda leonesa sempre é unha das grandes citas da tempada porque "cuenta con una gran participación. Es la oportunidad de medirnos a equipos de mayor categoría", recoñece Evaristo Portela, director do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, que ten depositadas moitas esperanzas nunha proba fetiche que "hemos preparado con mucho cariño", recoñece Portela que ten claro que "siempre queremos llegar bien a esta cita".
A vixésimo cuarta edición da Volta Ciclista a León-Grande Premio Deputación Provincial, reduciu o seu habitual formato de cinco etapas por tres xornadas, do venres ao domingo, e substituirá a conclusión da rolda na capital leonesa, pola finalización na localidade de Villaquilambre.
Trátase dunha das probas para as categorías ÿlite e sub-23 de maior importancia no calendario nacional e internacional. Iníciase coa etapa que une Tabuyo del Monte e Molinaseca, de 154 quilómetros de percorrido, por zonas emblemáticas do Camiño de Santiago, ao ascenderse Lombillo ou Foncebadón.
A segunda etapa, Matallana de Torío-Puente Almuhey, debería de resultar decisiva para a sorte da Volta, ao ter que superar os corredores os altos de Remolina, Pando, Picóns, Monteviejo e La Llana, para concluír esta edición co percorrido nas inmediacións da capital entre Carbajal de la Legua e Villaquilambre. Se nas últimas edicións rematara na praza da Catedral, como grande atractivo da carreira, nesta ocasión finalizarase nunha localidade que conta cunha notable raizame ciclista.
A nómina de participantes, ademais de co Froiz, volverá contar con escuadras estranxeiras como o Centro Mundial de Ciclismo de Suíza, o Lokosphins ruso, Anicolor portugués e os colombianos do 472 Colombia, xunto aos equipos nacionais Caja Rural, Burgos BH e Seguros Bilbao, ademais do Diputación de León, como anfitrión da proba.
VOLTA A TOLEDO
Cando a Volta a León estea a disputar o sábado a súa segunda etapa, o Froiz comezará a súa participación na Volta a Toledo-Grande Premio Federico Martín Bahamontes, en cuxo palmarés están varios corredores do Froiz, dende que a finais do século pasado, Luis Fernando Poyatos a gañará por primeira vez.