Nova derrota para un Poio Pescamar que non pode co UCAM Murcia (4-1)
Por Redacción
O Poio Pescamar segue sen coñecer a vitoria fóra de casa no que vai de ano. Despois de reencontrarse coa vitoria a xornada pasada á conta do Alacante, as de Raúl Jiménez regresaron ao refacho das derrotas e caeron por catro goles a un na cancha do UCAM Murcia.
As vermellas, que afrontaban o duelo coas baixas de Antía Pérez, Clara e Andrea Feijoo, deixaron ir o partido na primeira metade encaixando tres goles.
O equipo murciano foi superior desde o asubío inicial cun gol desde o punto de penalti no minuto 3. Pepa foi a encargada de materializar a pena máxima enviando o balón á rede de Silvia, permitindo ao seu equipo asentar o seu xogo mentres que o Poio tentaba sorprender á contra e presionando a saída de balón local.
A igualada non chegou, senón que na recta final do primeiro tempo, un gol de Patri de vaselina dentro da área e outro de Noelia, poñían ao Murcia cun colchón de tres tantos para chegar ao descanso.
Despois do intermedio, as vermellas aumentaron a intensidade do seu xogo, pero os seus balóns estrelábanse coa férrea defensa local. Raúl Jiménez optou polo xogo de cinco, pero foron as murcianas as que aumentaron a renda por mediación de Patri, que roubou o balón finalizou a porta baleira.
Co 4-0 e a falta de dous minutos para que soase a bucina, Dani Sousa maquillou o resultado para o Poio cun potente disparo desde fóra da área.
UCAM MURCIA (4): Cristina; Lola, Pepa, Noelia e María quinteto inicial. Tamén xogaron, Patricia, Idoya, Susana, Chihiro e Alba.
POIO PESCAMAR (1): Silvia; Ana Rivera, Irene García, Iria Saeta e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mirian, Anna Escribano e Cárol.
Goles: 1-0, min. 3 Pepa (penalti). 2-0, min. 19 Patri. 3-0, min. 19 Noelia. 4-0, min. 38 Patri. 4-1, min. 38 Dani Sousa
Árbitros: Rubén Artero e Jaime Linares do colexio murciano. Amoestaron con cartolina amarela a Iria Saeta e Cárol no Poio Pescamar.
Incidencias: Pavillón José María Cagigal. Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar leva o derbi ante o Ourense Envialia (2-3)
Por Almu Dapena |
-
As baixas non poden co Poio Pescamar e imponse ao Bilbo por 3-1
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Silvia Aguete, baixa por precaución para o partido de liga do Poio Pescamar ante o Bilbo
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar acode á Preferente para reforzarse e ficha a Lutxi
Por Redacción |
-
Silvia Aguete dá o susto no empate entre Poio Pescamar e Ourense en Copa Galicia (0-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, a confirmar a súa melloría en Murcia
Por Redacción |
-
Mercado reducido para o Poio Pescamar na súa procura de substituta para Clara, recentemente operada do xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar recupera o sorriso en liga a conta do Alacante (2-0)
Por Manu Otero |