O piragüismo pontevedrés estrea con nota a tempada no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción
O parque náutico de Castrelo de Miño foi escenario a fin de semana da primeira proba da tempada piragüística co Campionato Galego de Inverno 2020, proba que se disputou sobre unha distancia de cinco mil metros para as categorías, Xuvenil, Senior e Veterano.
Diego Romero, deportista do Breogán do Grove, levou o seu sexto título de campión de inverno consecutivo en C1 senior, por diante do seu compañeiro de equipo Noel Domínguez e Fernando Busto (As Torres). A mesma sorte corría Raquel Dacosta (Rías Baixas) levando a vitoria na proba individual feminina de canoa por diante da pontevedresa Jenifer Casal (EP Ciudad de Pontevedra), sendo o terceiro posto para Raquel Rodríguez do Piragüismo Portonovo.
Polo que respecta ao kaiak enior en mulleres, Tania Fernández do Kaiak Tudense e Tania Álvarez do Breogán, disputaron un bonito sprint, no que levou a vitoria a padeeira tudense por diante de Álvarez. Pola contra en homes, o deportista do Piragüismo Olívico Iván Alonso impúxose nun duro final de carreira a Aarón Diéguez do Kaiak Tudense e Antonio Palmas do Piragüismo Vilaboa
Nesta edición 2020, a competición estreaba a categoría Sub 23 cun alto nivel de participación. Manuel Fontán, canoíosta do Náutico O Muiño terminou en primeiro lugar na proba de C1, o segundo e terceiro lugar do podio ocupárono o Jaime Duro do E. P. Ciudad de Pontevedra e Pablo Graña do Náutico Rodeira. No apartado feminino, María Pérez gañou con solvencia aos seus rivais en C1, por detrás da padeeira de Ribadumia cruzaban a liña de chegada Antía Romero do Ría Baixas e Claudia Couto do E.P. Ciudad de Pontevedra. Na modalidade de kaiak Carmen Varela do Kaiak Tudense lograba o triunfo, por detrás entraban en meta Lucía Valiño, tamén do equipo tudense e Ángela Rodríguez do Breogán do Grove. O kaiak tudense volvía repetir un dobrete con Raimon Gastaldo e David Da Rocha mentres que o terceiro lugar sería para Joaquín Iglesias do Piragüismo Verducido
Na categoría xuvenil os distintos vencedores foron Miguel Paz (Piragüismo Verducido), seguido por Felipe Dobarro (Naval de Pontevedra) e terceiro sería para Noel Martínez (E. P. Ciudad de Pontevedra) en kaiak. Pablo Crespo (E. P. Ciudad de Pontevedra) logrou gañar na modalidade de canoa por diante de Diego Domínguez (Breogán) e Martín Jácome (E.P. Ciudad de Pontevedra). Pola súa banda Irene Lata (Ría de Betanzos) venceu en muller kaiak, Lucía Cubiella (O Muiño) foi segunda e en terceiro lugar chegaba Sara Durán (Piragüismo Portonovo). Na modalidade de canoa feminina os tres primeiros postos foron para Antía Otero (E.P. Ciudad de Pontevedra), seguida de Ángela Jorge (E. P. Ciudad de Pontevedra) e Rosalía García (As Torres Romaría Viquinga).