O Galaico pecha a tempada ata setembro cunha actividade de waterpolo na praia fluvial
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51ecf9d025f11-waterpolonolerez20-07-2013066.jpg)
CC BY-NC-SA Club Waterpolo Galaico
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51ecf9fe0a536-waterpolonolerez20-07-2013166.jpg)
CC BY-NC-SA Club Waterpolo Galaico
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra despediu este fin de semana a actividade deportiva da tempada 2012 promovendo o waterpolo na praia fluvial de Monte Porreiro. Foi a través dunha actividade bautizada como 'Waterpolo no Lérez' que se desenvolveu durante a mañá do sábado.
Medio centenar de deportistas gozaron desta actividade na praia fluvial de Pontevedra, clausurando así unha gran tempada para o Club Waterpolo Galaico Pontevedra, e despedíndose ata o próximo 2 de setembro, data prevista para o inicio dos adestramentos da tempada 2013-14, na que se tratarán de igualar os éxitos deportivos.
A iniciativa organizouse de forma conxunta entre o Galaico e o Concello de Pontevedra co fin de promover tamén a praia fluvial de Pontevedra e, para poder desenvolvela, instaláronse dous campos de waterpolo para que pequenos e maiores gozasen de varios partidos de waterpolo en augas do río Lérez.
Tanto xogadores e xogadoras do club coma afeccionados que se achegaron a ver e probar este deporte desafiaron un día anubrado, acompañados dunha boa temperatura das augas do Lérez.