Os pontevedreses toman o podio da segunda xornada do Campionato de España de Piragüismo
Por Redacción
O Kaiak Tudense, con once medallas, o Ría de Betanzos, con catro, o Breogán do Grove, que conquistou dous, e o Ás Pontes Romería Vikinga, cunha, foron os protagonistas da segunda xornada do Campeanato de España de piragüismo que se disputou un Verducido. Os equipos galegos volveron demostrar un gran potencial na modalidade de barcos de equipos. O Kayak Tudense mantén un intenso duelo co Náutico de Sevilla na clasificación por puntos. Este domingo remata o campionato con todas as probas de 200 metros.
Os tudenses lograron seis medallas de ouro. Conquistáronas nas modalidades de K-4 500, home e muller, tamén en K-2 1.000 e en K-4 1.000 metros. A súa superioridade sobre o resto de adversarios quedou demostrada nas cinco medallas de prata e outra de bronce, na modalidade de K-2 100.
Gabriel Campo, Rubén Campo, Víctor Javier Rodríguez, Diego Piña, ÿscar Carrera, Rio Rodríguez, ÿscar Graña, Ramón Ferro, Daniel Costa, David Costa, José Luis Bouza, Luis Figueira, Joan Ardit, Diego Domínguez, Ana Varela, Patricia Domínguez, Carla Pérez e Valeria Romero foron os compoñentes do equipo tudense que asinaron unha excelente xornada.
Tamén o Ría de Betanzos mostrouse como unha formación poderosa. Catro medallas de ouro foron o seu particular botín nas especialidades de C-4 500 e 1.000 metros e tamén en C-2 en idénticas distancias. David Manuel Mosquera, Alejandro Fraga, Ton Campos e José Manuel Sánchez foron os protagonistas.
O Breogán do Grove logrou as medallas de prata en C-2 500 e 1.000 metros, mentres As Torres de Catoira Romería Vikinga conquistou a de bronce en C-4 500 metros.
A última xornada do Campionato de España de piragüismo ten un programa con máis de cen probas, das que 16 son finais. A competición volverá desenvolverse en Verducido e iniciarase ás oito da mañá.
Os padexeiros competirán nas categorías de júnior e sénior nas distancias de 200 metros, tanto de forma individual como nas especialidades de C-2, K-2, C-4 e K-4. O Campionato de España rematará sobre as dúas da tarde coa cerimonia de entrega de medallas.