
© Atlético Baleares
José García, primeiro reforzo do Pontevedra no mercado invernal

Por Ramiro Espiño
A falta de conformación oficial, José García converterase nas próximas horas no primeiro reforzo do Pontevedra no mercado invernal. Aínda que no club gárdase silencio, o certo é que o xogador foi visto en Pasarón presenciando o partido entre os granates e o Racing de Ferrol, a cuxa finalización o técnico Carlos Pouso non desmentiu a súa fichaxe, deixando escapar un sorriso significativo.
A media punta navarro, que cumpriu 23 anos o hai tan só uns días (ocupa por tanto praza de sub23) chega procedente do Atlético Baleares, actual colíder do grupo primeiro da Segunda división B no que tamén millita o Pontevedra.
José García xogou só 87 minutos co equipo balear, ao que chegara cedido polo Estremadura a comezos de curso, repartidos en nove partidos, o último deles o pasado 24 de novembro ante o Xetafe B onde xogou durante 16 minutos.
Debutou con Osasuna en Primeira división ante o Almería no Sadar, con tan só 16 anos, da man do extécnico granate Javi Gracia na tempada 2013-14, campaña que terminou co descenso do equipo navarro á Segunda división.
Non quixo renovar por Osasuna ao final da tempada 2015-16, ao entender que a oferta do club navarro era baixa. Posteriormente, fichou polo Alcoiano e Estremadura, que o cedeu primeiro ao Salamanca CF UDS e esta tenmporada ao Atlético Baleares, onde non tivo apenas oportunidades.
Relacionadas:
-
Eneko Zabaleta: "Me han pedido defender y me voy a centrar en eso"
Por Manu Otero |
-
Un matador antes que un creador
Por Manu Otero |
-
Querer e non poder do Pontevedra fronte a un defensivo Racing de Ferrol (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Carlos Pouso négase a pescar nos seus antigos equipos
Por Manu Otero |