![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5de/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5dfa2e2d2a-e323fee8-04ab-4995-9629-5891bcfc3320.jpg)
© Concello de Pontevedra
Pontevedra será sede do VII Congreso de Estudos Olímpicos no 2020
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O sétimo Congreso de Estudos Olímpicos celebrarase o próximo ano en Pontevedra. O evento, que aglutinará a unha trintena de entidades que defenden en España principios olímpicos como a non discriminación, a búsqueda da paz e a mellora psicofísica do ser humano a través do deporte, completaríase con charlas en centros educativos protagonizados por atletas destacados como a saltadora Ruth Beitia.
A elección da cidade do Lérez como sede radica, en parte, a que no 2020 cúmprense cen anos da celebración dos Xogos Olímpicos de Amberes nos que, por primeira vez, participou un deportista galego, o futbolista pontevedrés Luís Otero.
En abril do 2020 celébrase o centenario daquela histórica medalla de prata conseguida pola selección española de fútbol, lembrou o presidente e fundador da Academia Olímpica Española, Conrado Durántez, na reunión que mantivo esta mañá cos concelleiros de Deportes e Promoción Económica, Tino Fernández e Yoya Blanco.
Durántez propuxo tamén a instalación na cidade dun busto, elaborado en granito, de Pierre de Coubertin, o fundador dos Xogos Olímpicos modernos. "É unha oportunidade única para Pontevedra", afirmou o tenente de alcalde, Tino Fernández.