Ourense Envialia, duro rival para o Poio Pescamar nos oitavos de final de Copa
Por Redacción
O Poio Pescamar xa coñece quen será o seu rival nos oitavos de final da Copa da Raíña, e será un óso duro de roer.
As vermellas quedaron emparelladas co Ourense Envialia, actual terceiro clasificado da Primeira División con 32 puntos, 4 máis que o Poio.
Así o estableceu o sorteo celebrado este mércores pola Real Federación Española de Fútbol e que tiña como condicionante o compoñente de proximidade xeográfica.
O duelo entre dous dos aspirantes para xogar o play-off polo título de liga na máxima categoría, unha eliminatoria a partido único, disputarase o 4 ou 5 de xaneiro no pavillón da Seca co Poio como equipo local.
As xogadoras adestradas por Raúl Jiménez plantáronse nos oitavos de final da Copa da Raíña despois de vencer a O Fisgón por un claro 1-5, mentres que o Ourense eliminou na anterior rolda ao San Fernando (2-4).
O resto de eliminatorias copeiras son: Viaxes Amarelle-Burela, Móstoles- Alcorcón, Almagro-Atlético Navalcarnero, Leganés-Penya Esplugues, Bilbo-Sala Zaragoza, Xaloc Alacant-Universidad de Alicante e UCAM Murcia- Roldán.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar afronta un mes de xaneiro decisivo coa moral polas nubes
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar derrota o Ourense Envialia e pasa a cuartos da Copa da Raíña (3-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O presente e futuro da portería da Selección Española pasa por Poio
Por Redacción |
-
Empate pola mínima entre o Roldán e o Poio Pescamar que segue cuarto (1-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar quere consolidar a súa cuarta praza en Murcia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea o Xaloc Alacant e colócase cuarto (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar avanza á segunda rolda da Copa da Raíña tras vencer a O Fisgón (1-5)
Por Redacción & Diego Torrado |