O Teucro pecha a súa portería coa fichaxe de Daniel Pereira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Daniel Pereira Cadilla é o novo porteiro da S.D. Teucro. O xogador, natural de Redondela, ten 21 anos e 1,87 de estatura. Formado nas categorías base do equipo redondelano da S.A.R., onde comezou no conxunto alevín, foi peza fundamental no equipo que esta pasada tempada conseguiu o ascenso a Primeira Nacional.
Coa fichaxe de Daniel Pereira, o Teucro cobre unha das posicións claves no equipo como é a portaría, na que Juan Bar seguirá sendo piar fundamental, agora coa achega do novo gardameta redondelano.