A renovación do consello, punto 'quente' na convocatoria da xunta de accionistas do Pontevedra

Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol convocou para o luns 30 de decembro (20:00 horas), en primeira convocatoria, a Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas unida a outra Extraordinaria, unha cita que conta cun punto especialmente candente.
Trátase da renovación de 8 dos 10 asentos do Consello de Administración por "expiración de mandato" dos seus actuais inquilinos. Esta situación afecta os conselleiros Roberto Feáns, Ricardo Tilve, Manuel Ruibal, Juan Abal, Pablo Galván, Enrique Mariño, José Antonio Millán e Alberto Argibay, elixidos para o cargo no ano 2014.
Non afecta á presidenta da entidade Lupe Murillo, cuxo mandato concluirá en 2020, nin ao décimo conselleiro, Luís Durán, reelixido en xaneiro de 2018 por cinco anos máis.
Este punto centrará gran parte da atención na sede de Afundación, onde se celebrará este ano a Xunta, xa que se comprobará se o grupo opositor tras o que se atopa o empresario Manuel Abal Camiña exerce o seu dereito a sentar varios representantes no órgano de dirección da entidade, tal e como lle permiten os estatutos pola porcentaxe de accións que manexa (na xunta do pasado ano supoñía o 37,29% do accionariado presente na reunión).
Ademais deste punto na orde do día, o Pontevedra someterá a aprobación como é habitual as contas do exercicio da pasada tempada e o orzamento da campaña actual, entre outros asuntos para discutir.
Relacionadas:
-
O Pontevedra aproba as súas contas e inclúe no Consello ao sector crítico con Murillo despois dunha tensa xunta de accionistas
Por Manu Otero |
-
A composición do novo Consello de Administración do Pontevedra, toda unha incógnita
Por Diego Espiño |
-
A Xunta de Accionistas do Pontevedra acorda denunciar a José Manuel Fernández pola vía civil
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra reduce en 127.000 euros a súa débeda
Por Diego Espiño |
-
Acalorada Xunta Xeral de Accionistas no Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |