Clausurado o campus da Fundación Pontetec
Por Redacción
O campus de verán organizado pola Fundación Pontetec finalizou este domingo coa última xornada no Estadio Municipal de Pasarón.
Un total de 46 nenos participaron nesta edición do campus adicado ao perfeccionamento de diversos aspectos do fútbol pero no que tamén houbo tempo para a realización de diversas actividades de ocio.
Durante as xornadas do campus diversos profesionais do mundo do fútbol compartiron as súas experiencias cos máis pequenos, como Fran Rico, agora na Granada, o futbolista do Lugo Javi Rey, Mateo (Ponferradina), ou o actual adestrador do Pontevedra, Nando.