O III Campus Davor Cutura de balonmán aterra en Marín
Por Redacción
O Campus Davor Cutura de balonmán cambia de situación despois de dous anos nas instalacións de Príncipe Felipe para mudarse a Marín, onde celebrará a súa terceira edición entre os días 13 e 21 de xullo.
A iniciativa, organizada polo actual xogador do Benfica e ex da Sociedad Deportiva Teucro, está dirixida a nenos de 11 a 17 anos e terá lugar nas instalacións deportivas marinenses, incluíndo a residencia do Colexio San Narciso.
O evento centra a súa actividade nunhas xornadas intensivas de adestramento e perfeccionamento do balonmán pero os asistentes, que xa completaron a inscrición, gozarán de actividades complementarias de balonmán praia en Loira ou sesións lúdicas no Ecoparque Multiaventura.
O campus conta, ademais de co xogador serbio que lle dá nome, con outros profesionais deste deporte como Pedro Miguel Álvarez, Emilio Pintos ou Nano Martínez.