Nove equipos participarán do 10 ao 13 de xullo no III torneo Virxe do Carme de fútbol sala
Por Redacción
Nove equipos participarán do 10 ao 13 de xullo no III torneo Virxe do Carme de fútbol sala que se disputará no Pabellón da Raña (Marín). Un trofeo que foi presentado este martes no Concello de Marín, entre outros, por parte da alcaldesa de Marín, María Ramallo; e o presidente do club organizador do torneo, o Ancoradouro.
En concreto, os clubs participantes son Ancoradouro, Marín CF, Pontevedra CF, Villa de Marín, Leis, Inmaculada, Santomé, Bueu e Salcedo.
O día 10 será a quenda da categoría benxamín, o 11 da categoría alevín e o 12 da categoría infantil (os tres días de 9 a 20 horas). O sábado 13 en horario de mañá disputaranse as finais.
O evento organízao o club Ancoradouro de Marín, coa colaboración do Concello de Marín e diversas entidades, entre elas a Fundación Pontetec.