O Galaico logra o título de mellor club de Galicia no campionato celebrado en Ponte Muíños
Por Redacción
A natación galega viviu tres días de celebración na piscina olímpica de Ponte Muíños co Campionato Galego Absoluto e Júnior.
Un total de 317 nadadores de 23 clubs da comunidade déronse cita en Pontevedra, unha competición na que destacou o equipo local, o Club Natación Galaico, proclamado campión galego absoluto na clasificación conxunta por diante de Pabellón Ourense e Natación Coruña.
O Galaico apoiouse no impulso do seu equipo feminino, encabezado pola olímpica Beatriz Gómez Cortés que, ademais das medallas, pulverizou os records galegos nos 100 e 200 bolboreta.
Pola súa banda o equipo júnior dos lerezanos clasificou no terceiro lugar detrás de Pabellón e Natación Coruña.