Goles para o Arosa coa renovación de Hugo e a fichaxe do dianteiro do Unión Grove, Ramón Eiras
Por Redacción
A renovación de Hugo Sanmartín e a fichaxe do dianteiro do Unión Grove, Ramón Eiras, garanten os goles para un Arosa que segue configurando o seu equipo de cara ao seu retorno á Terceira División. O equipo que dirixe Piscis, suma así a súa cuarta fichaxe, tras os de José Ángel, Vila e Jesu.
Os 27 goles anotados por Hugo, que lle convitieron no máximo goleador da categoría, máis os 20 conseguidos polo dianteiro natural de Caldas de Reis, na pasada tempada en Rexional Preferente, parecen un aval importante, a pesar do cal o club arlequinado aínda segue sondando o mercado en busca doutro xogador para a parcela ofensiva.
No caso de Hugo as negociacións concretáronse nas últimas horas, despois dalgún momento no que as diferenzas económicas lle situaban máis fóra que dentro, pero o interese de Piscis en seguir contando cos seus servizos foi definitivo. Polo que respecto a Ramón eran varios os equipos que suspiraban polos seus servizos, casos de Villalonga, Portonovo, Flavia, Areas e Grixoa, pero a súa vinculación co Arosa lle fixeron decantarse pola oferta arlequinada.
A renovación Hugo únese ás de Adrián Camiño, Martín Barreiro, Juanjo Laíño, Santi Padín, Eloy, Nando, Vixo, Pablo Rivas, Jonathan e Julio Rey, co que o Arosa mantén un bloque importante de futbolistas que conseguiron o ascenso, e espera conseguir igualmente a continuidade do porteiro Jorge Pérez.