Jorge Sáez e Sékou Oumar súmanse ao proxecto do Arosa
Por Sofía Lorenzo
O Arosa Sociedad Cultural continúas dando forma ao seu primeiro equipo para ao próximo curso en Terceira División. En plena pretempada, dous novos xogadores incorpóranse ao cadro pontevedrés para comezar a formar parte do proxecto de Rafa Sáez.
A tarde deste sábado, Jorge Sáez firmou o seu contrato no club arousán por un ano. O media punta madrileño chega a Vilagarcía despois de xogar no Bergantiños CF durante tres anos. Anteriormente, tamén formou parte de equipos como o Real Avilés, o Real Burgos, o Getafe CF e o Rayo Vallecano B.
Pola súa banda, fixo o seu Sékou Oumar. O dianteiro zurdo de 20 anos procede da Primeira División en Gibraltar, aínda que tamén xogou nos andaluces Atlético Alagabeño e o Don Bosco Juvenil. Agora, chega ao Arousa para quedar, polo menos, unha tempada.
As dúas novas incorporacións súmanse ás oito anteriores de Pedro Nogueira, Pedro Beda, Pedro García, Miguel Dieste, Javi Fontán, Rober Fernández, Adrián Gómez e Sergio Cotilla 'Coti'.
Relacionadas:
-
O UD Ourense vence a un batallador Arosa no segundo tempo (2-0)
Por Redacción |
-
Primeira vitoria do Arosa no regreso á competición ante o Polvorín (1-0)
Por Redacción |
-
Pegada e bo fútbol do Pontevedra para golear ao Arosa (0-4)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Arosa inicia a súa carreira polo play-off na casa contra o Polvorín o 25 de agosto
Por Manu Otero |
-
O Arosa pon á venda para os seus socios un milleiro de entradas do amigable Celta-Lille que se xogará na Lomba
Por Redacción |
-
O Arosa presenta á súa primeira fichaxe, Sergio Cotilla 'Coti'
Por Redacción |