O Pontevedra afina puntería á conta do Juvenil Ponteareas (0-3)
Por Redacción
De non ver porta a golear. O Pontevedra, que unicamente conseguira tres goles nos partidos disputados ata o momento na pretemporada, logrou esa mesma cantidade en apenas unha hora de xogo, goleando a un Juvenil de Ponteareas que pouco puido facer ante o mellor xogo dos granates.
A pesar de recuperar efectivos, Luismi reservou homes chamados a ser titulares en liga, moi posiblemente pensando no partido que disputará este domingo fronte a un rival de máis entidade como o Racing Villalbés, e tamén coa intención de empezar a dar máis minutos de xogo aos seus homes nun mesmo choque, o que fai pensar que en Vilalba verase un once moi distinto ao desta ocasión, no que os máis novos asumiron a responsabilidade, demostrando que poden contar coa súa cota de protagonismo.
O primeiro tempo foi de completo dominio granate e en apenas cinco minutos quedou sentenciado o resultado. Abriu o marcador Mouriño transformando un lanzamento directo de falta e ampliou a conta Garrido, cun bo disparo desde a frontal. Incluso os de Luismi xeraron ocasións para ampliar a conta, mentres que o Juvenil apenas tivo unha chegada con relativo perigo.
Tras o descanso, os cambios e o resultado restaron vistosidade ao partido, pero non intensidade. O Pontevedra seguiu mandando e Samu, pasada a hora de xogo, conseguía o terceiro gol que acababa con calquera ilusión dos locais por conseguir inquietar a un rival superior que mellorou notablemente sensacións de compromisos anteriores.
Destacar a reaparición, tras a súa longa lesión, de Javi López, que deixou escintileos moi interesantes e a sensación de que pode ser un reforzo de luxo para esta próxima tempada.
JUVENIL PONTEAREAS (0): Peri (Sergio, minuto 46); Portas (Bubi, minuto 46), Iván, Cristóbal, López, Rubén (Piñeiro, minuto 46), Lorenzo (Diego, minuto 60), Chema (Portu, minuto 75), Besada, Fonseca e Capelo (Marcos, minuto 60).
PONTEVEDRA CF (3): Brian; Santi (Expósito, minuto 54), Ángel, Garrido, Pablo López; Álex Fernández, David Veiga; Rivera (Javi López, minuto 64), Mouriño (Javi Pazos, minuto 70), Guisande (Romay, minuto 70); e Samu ( Adighibe, minuto 70).
Árbitro: Rey Simons (Vigo), auxiliado nas bandas por Pablo González e Raúl Casal.
Goles: (0-1) Minuto 23: Mouriño. (0-2) Minuto 28: Garrido. (0-3) Minuto 62: Samu.
Incidencias: Campo Municipal de Pardellas (Ponteareas).
Relacionadas:
-
O Pontevedra chega lanzado ao comezo de liga
Por Manu Otero |
-
Afina a posta a punto o Pontevedra mellorando a súa imaxe fronte ao Mondariz (0-3)
Por Redacción |
-
Edu e os penaltis fan sorrir ao Pontevedra en Vilalba (1-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra recupera a Javi Pazos, Javi López, Pol Bueso, Álvaro Bustos e Romay
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra non pasa do empate na súa visita ao Atios
Por Manu Otero |
-
Unha mala segunda metade condena ao Pontevedra á derrota diante do Castilla
Por Manu Otero |
-
O Deportivo faise co trofeo Cidade de Pontevedra despois de vencer ao Tenerife e empatar cos granates
Por Manu Otero |
-
"No tenemos el equipo al 100%, hay que tener paciencia", asegura Luismi ante os resultados da pretempada
Por Diego Espiño |