Récord de participación no Nacional de Novas Promesas de piragüismo que acolle o Pontillón

Por Redacción
A pista de piragüismo David Cal no encoro de Pontillón do Castro, Verducido, acollerá os días 26, 27 e 28 de xullo o Campionato de España de Novas Promesas de Piragüismo Sprint.
Na cita, para as categorías infantil e cadete, competirán 932 deportistas, o que supón un récord de participación nun evento destas características, ao ser "a primeira vez na historia que se superan os 900 padexeiros nesta categoría", sinalou o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea.
O evento foi presentado oficialmente no Concello de Pontevedra coa presenza do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.
Galicia será a rexión máis representada na competición con 328 deportistas, seguida de Andalucía (141) e Asturias (113).
A actividade dará comezo o venres 26 de xullo ás 16:00 horas. Ademais contará con sesión dobre o sábado (9:00 e 16:00 horas) e con xornada de mañá o domingo día 27 (9:00 horas).
As probas de kaiak e canoa, en modalidade individual, parella e equipos, disputaranse en distancia de 500 e 1.000 metros.
Relacionadas:
-
O Nacional de Novas Promesas pecha o pano no Pontillón con bo papel dos equipos pontevedreses
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Escola Cidade de Pontevedra sae vitoriosa da regata 'Entre Pontes'
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Quinto posto para o Ciudad de Pontevedra no Campionato de España Sprint de piragüismo
Por Redacción |