O remo galego abre tempada en Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo foi o lugar escollido este sábado para dar o pistoletazo de saída á tempada autonómica de remo, coa presentación da Liga Galega de Traíñas 2019.
O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, presidiu o acto acompañado do alcalde Telmo Martín.
Na Praza dos Barcos compareceron os diferentes equipos que tomarán parte da competición.
En total participarán na liga Galega 27 equipos, dos que 11 farano na categoría masculina A, 10 na Liga Masculina B e 6 na Liga Feminina
Os seis equipos da liga Feminina son Cabo de Cruz, Mugardos, Salgado-Perillo, S.D.Tirán-Pereira, Club Remo Mecos-Coruxo e Club Remo Chapela.
Pola súa banda os 11 da primeira categoría masculina son SD Tirán-Pereira, Samertolameu, Vilaxoán, Amegrove, Rianxo, Ares, Bueu-Teccarsa, Mecos-Mondariz, Meira, Muros e Cabo da Cruz; e os 10 da liga B son Cedeira, Vila de Cangas, Esteirana, A Cabana-Ferrol, Salgado-Perillo, Mugardos, CCD Cesantes, astropol, Chapela e Coruxo.