O pivote José Andrés Torres, novo reforzo para un Teucro no que non seguirá Lloria
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Sociedade Deportiva Teucro segue apostando por incorporar talento novo para o plantel coa que competirá na División de Honra Prata.
A cuarta fichaxe confirmada pola entidade pontevedresa foi este martes o do pivote José Andrés Torres, xogador andaluz que en setembro cumprirá os 20 anos de idade e que a última tempada militou no Domincos Zaragoza da Primeira Nacional.
"Destaca especialmente por su movilidad en ataque, es un pivote muy listo, buen finalizador que se mueve bien entre líneas y además defensivamente puede defender en la posición de segundo", explicou Luís Montes sobre o novo reforzo.
"Debido a su juventud y proyección nos puede dar mucho este año", asegura o técnico, que xa o seguía desde a súa etapa na Selección Andaluza e no Montequinto, con quen xogou polo ascenso a Prata nunha fase na que saíu vencedor o Atlético Novás.
Andrés Torres entra a formar parte dun equipo no que xa están confirmados como fichaxes Ferrán Cisneros, Christopher Corneil e Federico Wermbter, ademais de Vicente Poveda, Andrés Moyano, Domingo Luis e Samu Pereiro.
O que non seguirá a próxima campaña no Teucro é Jorge García Lloria. Segundo comunicou o club non se chegou a acordo na oferta de renovación exposta ao gardameta polo que tras tres anos xuntos separan os seus camiños.