Jacobo e Caco pechan a súa renovación por un ano
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou este venres que pechou as renovacións de Jacobo e Caco por unha tempada.
O conxunto granate asegúrase así a continuidade do seu capitán, que cumprirá o seu sexto ano no club contando as súas dúas etapas.
Pola súa banda o futbolista de Bueu, Jacobo Millán, un dos xogadores destacados do curso recén finalizado no que marcou 12 tantos, manterase no equipo por segundo ano.
Despois destas dúas renovacións só falta por coñecer a decisión de Lorenzo Riveiro e David Pérez en relación á proposta para continuar que lles trasladou o director deportivo do Pontevedra, Milo Abelleira.