Ximnasia trampolín e halterofilia para unha fin de semana en Marín
Por Redacción
Fin de semana de moito deporte en Marín, cos pavillóns da Raña e A Cañota escenarios de competicións de ámbito autonómico.
A máis relevante, polo número de participación, é a Copa Galicia Internacional de Ximnasia Trampolín, unha cita que se celebrará este sábado 4 de maio e o domingo 5 na Raña.
Un total de 19 clubs de diferentes puntos da Península Ibérica participan no evento organizada pola Federación Galega co apoio do Club Ximnasia Vila de Marín.
Tres son as modalidades (dobleminitramp, trampolín e tumbling) que poderá gozar o público asistente, en horario de 9:00 a 21:00 horas durante o sábado e de 10:00 a 14:00 horas o domingo.
HALTEROFILIA NA CAÑOTA
Por outra banda o pavillón da Cañota acollerá o Campionato Galego de Halterofilia de clubs masculino e feminino este sábado 4 de maio.
En horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 horas, daranse cita uns 76 competidores repartidos en 7 clubs en categoría feminina (28 participantes) e 8 en categoría masculina (48 participantes).
Coa entrada de balde para o público, a competición está organizada polo Club Halterofilia Rías Baixas e a Federación Galega de Halterofilia.