O Waterpolo Galaico presenta o Campionato Galego Infantil que organiza o próximo sábado
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A piscina do Centro Galego de Tecnificación deportiva será escenario o próximo sábado día 15 de xuño do Campionato Galego Infantil de Waterpolo organizado polo Club Waterpolo Galaico.
Á cita acudirán outros tres clubs galegos ata facer un total de cinco equipos participantes, despois da renuncia da Asociación Coruñesa WP. Así o cartel estará composto polo Galaico A e B, Náutico de Vigo, Marina de Ferrol e CW Santiago.
Todos os partidos seguindo a normativa do Campionato de España Infantil, ao que acudirá o Galaico o próximo mes de xullo, terán unha duración de oito partes de tres minutos cada unha.
A competición dará comezo ás 10:00 da mañá, prolongándose ata a final, fixada para as 19:00 horas.